Acrósticos

Cando 
alguén 
le
moito
 aprende


Imos traballar os acrósticos, se aínda non sabedes en que consisten, lembrade que son composicións poéticas que conteñen letras normalmente ao  inicio de cada  verso coas que imos formando unha  palabra ou unha frase.
 
 
 

 Aquí vós deixou un exemplo sobre as Irmandades da Fala


I rmandades da fala chamáronlle a este proxecto.
R amón Cabanillas é un dos autores máis destacados nesta época.
M oitas dificultades tiveron no seu camiño.
A ntón Vilar Ponte foi o un dos seus fundadores.
N acionalistas eran moitos dos seus comopoñentes.
D edicáronse a promover e dignificar a lingua galega.
A Nosa Terra foi o seu voceiro.
D efenderon os dereitos lingüísticos dos galegos.
E mpezaron os seus traballos o 18 de maio de 1916.
S empre se esforzaron por defender a lingua galega.

D urante a súa actividade crearon editoriais, revistas, xornais,
organizacións políticas, organizacións culturais, etc.,
Aínda hoxe recordamos as súas boas accións.

F oron moi importantes no mundo galego.
A recuperación da lingua galega precisa axuda de todos.
L oitar coma eles é importante hoxe en día.

A gora tócanos a nós seguir o seu traballo.
 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía