O himno Galego

Eduardo Pondal escribiu un fermoso poema, que deu lugar ao noso himno, e Pascual Veiga púxolle música, coñecédelo verdade..... pois imos a lembralo xuntos


Os Pinos.
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden

Mael de 6ºB e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
Mael de 6ºB
A esquerda, Eduardo Pondal e a dereita Pascual Veiga.
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía