Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

Descubrindo lendas

Imaxe
  Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, e tamén real, coma o noso. A historia da Galicia imaxinaria está chea de  mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva. Desta nosa herdanza, imos descubrir algúnhas lendas significativas, investigando  o lugar ou lugares onde sucede, quen é o seu protagonista e que acontece nela.   Algúns exemplos:   A cova do ermitán Juan Manuel  A lenda que fai referencia a existencia dun ermitán nun pasado remoto. Galicia está chea de lugares misteriosos, dveciñanzae xeografías míticas, de lugares esquecidos polo paso do tempo á espera de que alguén os redescubrfa ou os rescaste do  esquecemento. Un deses lugares é a Cova do ermitán  Juan Manuel. A lenda di que Juan Manuel era un ermitán que habitaba nunha covacha da parroquia de Santa María de Ábedes,

CREANDO RIMAS

Imaxe
      Rimas curtas en galego     Era unha nena, chamábase Ana, a que lle gustaba xogar a baralla. Era María, que xogaba todo o día, tamén tiña unha irmá  chamada Lucía, que comía moita  sandía. Coñecín a unha nena, chamada María, que cando choraba, parecía que ría.   Tiña un curmán, chamado Damián que era un pouco charlatán.   Era un neno, que se chamaba David, ao que lle gustaba comer regaliz.   Había unha nena chamada Lucía, que sempre quixo  ser policía.  Tiña un irmán chamado Iván ao que lle gustaba ver o Breogán . Había un neno chamado Hugo que sempre  estivo na cidade de Lugo. Yago era un neno moi pequeno que  xogaba ao fútbol con algún neno.    E tiña un irmán  chamado Beltrán  que bailaba,  xogaba e cantaba mentres facía algo de pan. Era unha nena chamada Daniela que tiña unha curmá de nome  Gabriela.   Tamén tiña un irmán, chamado Beltrán, que sempre soía andar descalzo no verán.   e ao que tamén  lle gustaba moito o seu can. Era un neno  chamado Martín que era moi saltarín. E