Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

24 de febreiro, día de Rosalía

Imaxe
Hoxe  24 de febreiro é  un día moi especial para a nosa comunidade educativa, dado que celebramos o día de Rosalía de Castro, non só porque da nome ao  noso colexio senón tamén porque Rosalía naceu un 24 de febreiro de 1837, polo que estamos a celebrar o seu aniversario. Rendímoslle homenaxe como agradecemento  pola defensa que fixo do pobo galego e da nosa lingua. Rosalía está considerada  a escritora máis  representativa e reinvidicativa de Galicia. Polo qu seguiremos aprendendo e profundizando na súa obra, e desfrutando dos seus poemas grazas a cantautores coma Amancio Prada ou Luz Casal.   Coreografía de 6º A & 6ºB             Traballos feitos por 6º A and 6º B           Negra sombra interpretado por Luz Casal e Carlos Nuñez     https://www.youtube.com/watch?v=gdnVZE5I8Os   Poema  ''Negra sombra''de  Rosalía de Castro Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es id

Día Escolar da Non Violencia e da Paz -- 30.01.2021

Imaxe
A última semana de xaneiro, para celebrar  no colexio o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, estivemos a traballar unha vez máis no proxecto deste ano Creamos conCiencia: sen ciencia non hai futuro. Os rapaces e rapazas de 6º estiveron investigando sobre a estrutura do ADN e a científica e científicos que levaron a cabo con éxito este descubrimento, buscando información sobre a composición do ADN e as figuras de ROSALIND FRANKLIN, CARL LINUS PAULING, CRICK E WATSON e MAURICE WILKINS . Todos foron premiados cun premio Nobel agás ROSALIND FRANKLIN, pero sen o seu traballo os seus compañeiros científicos non houberan chegado tan lonxe. Dende o colexío a nosa homenaxe cunha maqueta e un libro manual onde recollimos canto buscaron: a P No discurso de aceptación do Premio  Nobel da Paz ,Carl Linus Pauling  dixo : '' A única política sensata para o mundo é a de eliminar a guerra''     CARL LINUS PAULING, PREMIO NOBEL DE QUÍMICA EN 1954 E PREMIO NOBEL  DA PAZ EN 1962. WA

Obradoiro de Ciencia

Imaxe
  O pasado 13 de xaneiro, tivemos a sorte de disfrutar no noso centro dun obradoiro de Ciencias, impartido polo Equipo de "Ciencia en movimiento", onde os rapaces e rapazas de 5º e 6º descubriron experimentos e cientific@s que cambiaron  e están a cambiar o rumbo da Historia.  Onde vimos :  o uso de instrumentos de medición coma o densímetro...,  a explicación do ADN,  os usos do material "Kevlar" e aplicacións (un material máis resistente co aceiro),  quen foi a primeira muller científica coñecida da Historia,  as ondas de luz,  as ondas de son,  os movementos da Terra,  cando se produce unha eclipse,  usos do helio, que é unha supernova,  as viaxes espaciais,  a figura de Begoña Vila, astrofísica galega que está a traballar na actualidade na Nasa.  científicos  e científicas premios Nobel... e moitas máis cuestións. Unha maña intensa, diferente e produtiva!!! Un día moi intenso e productivo . . .