24 de febreiro, día de Rosalía

Hoxe  24 de febreiro é  un día moi especial para a nosa comunidade educativa, dado que celebramos o día de Rosalía de Castro, non só porque da nome ao  noso colexio senón tamén porque Rosalía naceu un 24 de febreiro de 1837, polo que estamos a celebrar o seu aniversario. Rendímoslle homenaxe como agradecemento  pola defensa que fixo do pobo galego e da nosa lingua. Rosalía está considerada  a escritora máis  representativa e reinvidicativa de Galicia. Polo qu seguiremos aprendendo e profundizando na súa obra, e desfrutando dos seus poemas grazas a cantautores coma Amancio Prada ou Luz Casal.


 Coreografía de 6º A & 6ºB




            Traballos feitos por 6º A and 6º B

 

 
 
 


Negra sombra interpretado por Luz Casal e Carlos Nuñez
 


 

https://www.youtube.com/watch?v=gdnVZE5I8Os 

Poema  ''Negra sombra''de  Rosalía de Castro

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,

sombra que sempre me asombras.

Fotos do alumnado de 6ºB coa máscara entregada pola ANPA do colexio







 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro