Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

Mural da porta de entrada de rúa Cambria

Imaxe
    Dende o pasado 23 de Abril estamos a disfrutar dun mural excepcional na entrada do noso colexio, foi elaborado pola artista Ana Santiso, para conmemorar o día da ilustración, adicado a Lolita Díaz Baliño unha colaboración a través da Diputación de Lugo, xa que tivemos a sorte de contar cun obradoiro para os rapaces de 6º  e participar  tamén no certame da campaña de IlustrarNós. Un espazo máis con Arte!!!!!

Obradoiro de Energy

Imaxe
O pasado   23 de abril, os alumn@s de 6º tiveron un  obradoiro de educación sobre as enerxías renovables ( eólica, solar, maremotriz, hidráulica, biomasa, xeotérmica, e gas renovable) e non renovables (petróleo, carbón, gas natural, nuclear) impartido por Energy no  noso centro que se desarrollou nunha sesión. Un obradoiro moi interesante dada a cantidade de experimentos que puideron visualizar e practicar e así poñer en práctica o aprendido ao longo deste curso: Ver as aplicacións das turbinas Pelton, Francis.. ,  as fórmulas químicas do metano, do dióxido de carbono,  o funcionamento dun aeroxenerador,  como sería unha casa con paneis solares,  a aplicación da xeotermia, as conexións dos cables  normalmente de cor vermella para o polo  positivo, e negra para o polo negativo.... e moitos temas máis!!!

Educación Vial

Imaxe
O pasado 22 e  23 de abril, os alumn@s de 6º tiveron un ano máis un obradoiro de Educación Vial a través do  concello de Lugo no noso centro que se desarrollou en dúas sesións, sinalar a importancia destas charlas para formar e educar  coma peóns e  futuros condutores aos nosos rapaces.

Traballando a poesía : ''Primavera poética''

Imaxe
  O pasado 21 de marzo, celebrouse o día da poesía, non podíamos deixar esta data de largo, aínda que estamos a traballala durante todo o curso escolar. Hoxe finalmente xa podemos decir que os nosos traballos están no mural da entrada do colexio xunto á biblioteca. Na decoración deste mural interviñeron outros/as nen@s facendo flores, bolboretas, siluetas ou o libro central de ''primavera poética''. Os traballos non poden ser máis fermosos, unha vez máis as palabras e as ilustracións se converten en Arte.