Máis lecturas en galego

MÁIS LECTURAS EN GALEGO  PARA 5º

--- Vaia tropa, Antón Cortizas (2011), a partir de 9 años

 



o:

Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Ao final do libro convidámoste a que inventes algún compañeiro para toda esta xente. Trátase, xa que logo, dun libro xogo, no que a sorpresa da lectura e das ilustracións conforman un conxunto que non pasará desapercibido ao lector.




---O MONSTRO DO ILLAMENTO
 

Conto creado polo equipo de O Vello Cárcere co gallo do Día Mundial da Loita contra o Acoso Escolar (bullying).


 
---CASAS DE PAULA CARBALLEIRA CABANA


CASAS - PAULA CARBALLEIRA CABANA - 9788415165705R/watch?v=kk2SWHP5owg






Resumo:

Hai tantas casas coma xente que vive nelas. Casas con tellado, casas de tea, casas de papel, casas de palla, casas acolledoras e casas enfadadas. Cómpre levarse ben con elas, para que te protexan e te coiden. Moitas quedan quietas nun sitio e suspiran por coñecer mundo, ou por que lles falen de lugares que nunca van coñecer. Pero hai outras que viaxan e prefiren, como as persoas, ver deseguido paisaxes distintas





---Fred Quincalla, o nómade do mar, Teresa González Costa (2017), 

Resumo:

 Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade e necesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza. Desde entón os dous viaxan xuntos no barco de Leopolda, dando espectáculos musicais en cada lugar ao que chegan e disfrazados para pasaren inadvertidos. Non é para menos: un rei e mais unha duquesa andan tras deles.


https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/fred_quincalla_o_nomade_do_mar



---Dragal. A estirpe do dragón, Elena Gallego (2015), juvenil
Dragal IV (INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO E-book) (Galician Edition)  eBook: Gallego Abad, Elena: Amazon.es: Tienda Kindle
Resumo:

Na fachada da igrexa de San Pedro, un dragón de pedra agarda que Dragal recobre a vida. Adrián taínda non  sabe, pero el é o  elexido para conseguir que se cumpla a profecía. Quen podría imaxinar que o vello templo medieval esconde as claves para encontrar a senda do último dragón de Galicia? Un antigo medallón de metal en estado vivo, que herda do seu pai, será a chave que lle abrirá as puertas para cumplir co seu destino. Para encontrar respostas, o rapaz tamén deberá buscar en los libros prohibidos de la vieja biblioteca de su bisabuelo y sumergirse en los secretos que esconden las aguas de la Poza da Moura. Gracias a la amistad de Mónica, compañera de clase en el instituto, y con la complicidad de don Jorge, el párroco, Adrián podrá adentrarse en las catacumbas y recorrer la senda que, hace muchos siglos, los caballeros de la Orden de Dragal han dejado abierta para él. Novela juvenil de fantasía y realismo mágico. Edad recomendada: a partir de 12 años.








Que disfrutedes moito!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía