Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

Obradoiro de ilustración

Imaxe
  O 15 de marzo tivemos a oportunidade de participar nun obradoiro do programa IlustrarNÓS da Vicepresidencia da Diputación de Lugo dado que o pasado 30 de xaneiro foi o día da ilustración, adicado a Lolita Díaz Baliño. Polo que coñecimos a súa figura, e descubrimos datos como o seu parentesco con Isaac Díaz Pardo, xa que esta ilustradora era tía do fundador e artífice da cerámica do Castro, hoxe coñecida coma Cerámicas Sargadelos. Da man do colectivo Polo Correo do Vento , o alumnado do centro puido familiarizarse co proceso creativo mediante unha actividade  basada na biografía de Maruja Mallo, na que se mesturou a narración oral coa ilustración en directo. A posta en escena culminou cun obradoiro de debuxo no       que alumnas e alumnos realizaron unha caricatura da pintora viveirense e  universal. Asemade, temos previsto participar no I certame 'ilustrarNÓS' coa  proposta dunha ilustración tomando como referencia unha das citas de Alfonso Daniel R. Castelao indicadas

8 de marzo, día da Muller

Imaxe
Hoxe, día 8 de marzo celebramos o día de muller, coma moitos outros días nos que falamos da importancia da igualdade entre homes e mulleres. En 6ºB, estamos a coñecer a figura de Rachel Carson, unha muller estadounidense, escritora e bióloga mariña concienciada  xa no seu tempo no conservacionismo dos ecosistemas e na conciencia ambiental, un exemplo a reinvidicar e a seguir. Por iso adornamos as portas da nosa aula e todas as portas das aulas do noso centro para dar a coñecer distintas mulleres relevantes. Á hora do lecer, baixamos e colocamos uns lazos malvas e globos no vallado do noso centro que simbolizan a nosa pegada e compromiso por un mundo, unha sociedade e unhas futuras xeracións xustas e iguais.

14 de febreiro, San Valentín

Imaxe
Celebramos na clase  San Valent ín, o 14 de febreiro, investigando por que se celebra,  quen foi San Valentín,  escribindo e intercambiando agarimosas mensaxes entre compañeir@s  Traballo feito por Emma Cruz 6ºB  Traballo feito por María Vázquez 6ºB      https://docs.google.com/document/d/1S6_uLM_c9fYrGwnPvgKIS6M2Rt21L5GQvEC-57Ozk8g/edit?usp=sharing Traballo feito por Ana López Abuide 6ºB  O día dos namorados é unha celebración que ten lugar na maioría dos países o 14 de febreiro coincidindo co día de San Valentín. Moitas lendas foron inventadas na Idade de Pedra, Cando o día festivo de 14 de febreiro empezou a ser asociado co amor, a raíz da historia de San Valentín, que sería executado un 14 de febreiro ao non querer renunciar ao cristianismo, e casar parellas en segredo despois de que o matrimonio fose prohibido polo emperador Claudio II. Outra lenda conta que é patrón dos enamorados porque esa festa coincide co momento do ano no que os paxaros empezan a apre