Publicacións

Obradoiro de ilustración

Imaxe
  O 15 de marzo tivemos a oportunidade de participar nun obradoiro do programa IlustrarNÓS da Vicepresidencia da Diputación de Lugo dado que o pasado 30 de xaneiro foi o día da ilustración, adicado a Lolita Díaz Baliño. Polo que coñecimos a súa figura, e descubrimos datos como o seu parentesco con Isaac Díaz Pardo, xa que esta ilustradora era tía do fundador e artífice da cerámica do Castro, hoxe coñecida coma Cerámicas Sargadelos. Da man do colectivo Polo Correo do Vento , o alumnado do centro puido familiarizarse co proceso creativo mediante unha actividade  basada na biografía de Maruja Mallo, na que se mesturou a narración oral coa ilustración en directo. A posta en escena culminou cun obradoiro de debuxo no       que alumnas e alumnos realizaron unha caricatura da pintora viveirense e  universal. Asemade, temos previsto participar no I certame 'ilustrarNÓS' coa  proposta dunha ilustración tomando como referencia unha das citas de Alfons...

8 de marzo, día da Muller

Imaxe
Hoxe, día 8 de marzo celebramos o día de muller, coma moitos outros días nos que falamos da importancia da igualdade entre homes e mulleres. En 6ºB, estamos a coñecer a figura de Rachel Carson, unha muller estadounidense, escritora e bióloga mariña concienciada  xa no seu tempo no conservacionismo dos ecosistemas e na conciencia ambiental, un exemplo a reinvidicar e a seguir. Por iso adornamos as portas da nosa aula e todas as portas das aulas do noso centro para dar a coñecer distintas mulleres relevantes. Á hora do lecer, baixamos e colocamos uns lazos malvas e globos no vallado do noso centro que simbolizan a nosa pegada e compromiso por un mundo, unha sociedade e unhas futuras xeracións xustas e iguais.

14 de febreiro, San Valentín

Imaxe
Celebramos na clase  San Valent ín, o 14 de febreiro, investigando por que se celebra,  quen foi San Valentín,  escribindo e intercambiando agarimosas mensaxes entre compañeir@s  Traballo feito por Emma Cruz 6ºB  Traballo feito por María Vázquez 6ºB      https://docs.google.com/document/d/1S6_uLM_c9fYrGwnPvgKIS6M2Rt21L5GQvEC-57Ozk8g/edit?usp=sharing Traballo feito por Ana López Abuide 6ºB  O día dos namorados é unha celebración que ten lugar na maioría dos países o 14 de febreiro coincidindo co día de San Valentín. Moitas lendas foron inventadas na Idade de Pedra, Cando o día festivo de 14 de febreiro empezou a ser asociado co amor, a raíz da historia de San Valentín, que sería executado un 14 de febreiro ao non querer renunciar ao cristianismo, e casar parellas en segredo despois de que o matrimonio fose prohibido polo emperador Claudio II. Outra lenda conta que é patrón dos enamorados porque esa festa coincide co mom...

24 de febreiro, día de Rosalía

Imaxe
Hoxe  24 de febreiro é  un día moi especial para a nosa comunidade educativa, dado que celebramos o día de Rosalía de Castro, non só porque da nome ao  noso colexio senón tamén porque Rosalía naceu un 24 de febreiro de 1837, polo que estamos a celebrar o seu aniversario. Rendímoslle homenaxe como agradecemento  pola defensa que fixo do pobo galego e da nosa lingua. Rosalía está considerada  a escritora máis  representativa e reinvidicativa de Galicia. Polo qu seguiremos aprendendo e profundizando na súa obra, e desfrutando dos seus poemas grazas a cantautores coma Amancio Prada ou Luz Casal.   Coreografía de 6º A & 6ºB             Traballos feitos por 6º A and 6º B           Negra sombra interpretado por Luz Casal e Carlos Nuñez     https://www.youtube.com/watch?v=gdnVZE5I8Os   Poema  ''Negra sombra''de  Rosalía de Castro Cando pe...

Día Escolar da Non Violencia e da Paz -- 30.01.2021

Imaxe
A última semana de xaneiro, para celebrar  no colexio o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, estivemos a traballar unha vez máis no proxecto deste ano Creamos conCiencia: sen ciencia non hai futuro. Os rapaces e rapazas de 6º estiveron investigando sobre a estrutura do ADN e a científica e científicos que levaron a cabo con éxito este descubrimento, buscando información sobre a composición do ADN e as figuras de ROSALIND FRANKLIN, CARL LINUS PAULING, CRICK E WATSON e MAURICE WILKINS . Todos foron premiados cun premio Nobel agás ROSALIND FRANKLIN, pero sen o seu traballo os seus compañeiros científicos non houberan chegado tan lonxe. Dende o colexío a nosa homenaxe cunha maqueta e un libro manual onde recollimos canto buscaron: a P No discurso de aceptación do Premio  Nobel da Paz ,Carl Linus Pauling  dixo : '' A única política sensata para o mundo é a de eliminar a guerra''     CARL LINUS PAULING, PREMIO NOBEL DE QUÍMICA EN 1954 E PREMIO NOBEL  DA PA...