Día Escolar da Non Violencia e da Paz -- 30.01.2021

A última semana de xaneiro, para celebrar  no colexio o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, estivemos a traballar unha vez máis no proxecto deste ano Creamos conCiencia: sen ciencia non hai futuro.

Os rapaces e rapazas de 6º estiveron investigando sobre a estrutura do ADN e a científica e científicos que levaron a cabo con éxito este descubrimento, buscando información sobre a composición do ADN e as figuras de ROSALIND FRANKLIN, CARL LINUS PAULING, CRICK E WATSON e MAURICE WILKINS. Todos foron premiados cun premio Nobel agás ROSALIND FRANKLIN, pero sen o seu traballo os seus compañeiros científicos non houberan chegado tan lonxe.

Dende o colexío a nosa homenaxe cunha maqueta e un libro manual onde recollimos canto buscaron:















 
 
CARL LINUS PAULING, PREMIO NOBEL DE QUÍMICA EN 1954 E PREMIO NOBEL  DA PAZ EN 1962.
WATSON E CRICK, PREMIO NOBEL DE MEDICINA E FISIOLOXÍA EN 1962.
MAURICE WILKINS, PREMIO NOBEL DE MEDICINA EN 1962.

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía