Saída a Santiago de Compostela

 O martes día 15.06.2021 Santiago de Compostela estaba agardando polos rapaces e rapazas de 6ºB, un día longo de moitas experiencias e visitas. Un día sen lugar a dúbidas moi caloroso. Pero aguantamos, por algo somos de Lugo e non o negamos!!!

As 8:00 am todos estabamos xa  agardando o autobús que nos levou primeiro a cidade da Cultura, a contemplar o Museo Centro Gaiás, alí acompañados con dúas guías coñecimos este complexo cultural, participamos nunha actividade do proxecto Terra e  visitamos a exposición Faraón : rei de Exipto. Alí tomamos a merenda de media maña, xogamos tamén no parque e quitamos fermosas fotos .

A continuación o centro da cidade nós agardaba, para visitar e contemplar a catedral dende diferentes lugares coma  a Alameda onde paseamos; xa na catedral entramos pola Porta Santa, xa que como ben sabedes é Ano Santo, cun pase VIP poidemos contemplar o Pórtico da Gloria, algún tamén quixo encender moitas candeas, coido que algún pedía  e agarda  moitos milagros!!!

Voltamos ao parque da Alameda onde xantamos, mercamos xeados, refrescos, chuches  na rúa do Franco, e algún agasallo tamén.

Ao rematar na fachada do palacio de Fonseca elexiron carreira universitaria, tod@s o tiñan moi claro!!!! xunto á praza do Obradoiro agardamos novamente as guías para visitar o CGAC,   o centro de arte contemporáneo, a súa terraza, o parque de Bonaval e o Museo do Pobo Galego. En San  Domingos de Bonaval, demos boa conta da impresionante escaleira de caracol .

Algo cans@s estabamos pero a troula seguiu no autocar  ata que chegamos pasadas as 19:00 pm a Lugo. 

Os nosos rapaces están en forma, Herminia e eu demos boa conta disto. Un día para o recordo  como  premio a un curso académico difícil por mor da pandemia co COVID 19!!!



































































Comentarios

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía