Publicacións

Descubrindo lendas

Imaxe
  Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, e tamén real, coma o noso. A historia da Galicia imaxinaria está chea de  mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva. Desta nosa herdanza, imos descubrir algúnhas lendas significativas, investigando  o lugar ou lugares onde sucede, quen é o seu protagonista e que acontece nela.   Algúns exemplos:   A cova do ermitán Juan Manuel  A lenda que fai referencia a existencia dun ermitán nun pasado remoto. Galicia está chea de lugares misteriosos, dveciñanzae xeografías míticas, de lugares esquecidos polo paso do tempo á espera de que alguén os redescubrfa ou os rescaste do  esquecemento. Un deses lugares é a Cova do ermitán  Juan Manuel. A lenda di que Juan Manuel era un ermitán que habitaba nunha covacha ...

CREANDO RIMAS

Imaxe
      Rimas curtas en galego     Era unha nena, chamábase Ana, a que lle gustaba xogar a baralla. Era María, que xogaba todo o día, tamén tiña unha irmá  chamada Lucía, que comía moita  sandía. Coñecín a unha nena, chamada María, que cando choraba, parecía que ría.   Tiña un curmán, chamado Damián que era un pouco charlatán.   Era un neno, que se chamaba David, ao que lle gustaba comer regaliz.   Había unha nena chamada Lucía, que sempre quixo  ser policía.  Tiña un irmán chamado Iván ao que lle gustaba ver o Breogán . Había un neno chamado Hugo que sempre  estivo na cidade de Lugo. Yago era un neno moi pequeno que  xogaba ao fútbol con algún neno.    E tiña un irmán  chamado Beltrán  que bailaba,  xogaba e cantaba mentres facía algo de pan. Era unha nena chamada Daniela que tiña unha curmá de nome  Gabriela.   Tamén tiña un irmán, chamado Beltrán, que sempre soía andar descalzo no v...

Nadal: adornos e postais

Imaxe
  Queridos alumn@s e familias,  acabamos un trimestre, descansaremos uns días e voltaremos  con forza nun próximo 2021.  Os meus desexos dunhas felices festas en familia na maneira do posible e que este vindeiro 2021 sexa moi afortunado para tod@s en saúde, traballo, familia, desexos e ilusións . Grazas por axudar e acompañar aos vosos fill@s neste camiño diferente, compartirei con vós as fotos que poida xuntar. Algunhas fotos das manualidades que fixeron  dúas compañeiras para adornar o noso centro, asemade postais de 6º que tiveron unha gran acollida e expectación dado o nivel acadado. Noraboa a tod@s!!! Sodes uns verdadeiros artistas. i 2 d Bo Nadal e feliz Aninovo!!!  

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

Imaxe
  25 de novembro de 2020, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres .        Hoxe foi un día especial no colexio Rosalía, xa que celebramos  o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.  Aínda que existe unha data no calendario, debemos ter presente esta mensaxe todos os días do ano, para vivir en igualdade e sen ningún tipo de violencia. Todo alumnado do Ceip Rosalía de Castro, estivo a traballar unha canción 'Que nadie' de Manuel Carrasco e Malú  Que Nadie Manuel Carrasco y Malú   Empezaron los problemas Se enganchó a la pena Se aferró a la soledad Ya no mira las estrellas Mira sus ojeras Cansada de pelear. Olvidándose de todo Busca algún modo De encontrar su libertad El cerrojo que le aprieta Le pone cadenas Y nunca descansa en paz Y tu dignidad Se ha quedado esperando a que vuelvas... Que nadie calle tu verdad Que nadie te ahogue el corazón Que nadie te haga más llorar Hundiéndote en ...