Descubrindo lendas

 


Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, e tamén real, coma o noso.


A historia da Galicia imaxinaria está chea de  mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva.

Desta nosa herdanza, imos descubrir algúnhas lendas significativas, investigando  o lugar ou lugares onde sucede, quen é o seu protagonista e que acontece nela. 

Algúns exemplos:  

A cova do ermitán Juan Manuel

 A lenda que fai referencia a existencia dun ermitán nun pasado remoto. Galicia está chea de lugares misteriosos, dveciñanzae xeografías míticas, de lugares esquecidos polo paso do tempo á espera de que alguén os redescubrfa ou os rescaste do  esquecemento. Un deses lugares é a Cova do ermitán  Juan Manuel. A lenda di que Juan Manuel era un ermitán que habitaba nunha covacha da parroquia de Santa María de Ábedes, no lugar de Felgoso. Esta figura popular foi reconvertida pola creatividade da xente da zona nunha sorte de asustanenos, de home do saco, de sacauntos... e así dicíaselle ós rapaces desta parroquia que nunca se achegasen pola contorna da cova do temido Juan Manuel, pois corrían o perigo de ser secuestrados por este ser e, quizais, de algo moito peor.

                                                                                Manuel Alvite 6º B     

A lenda do Pedregal de Irimia            

Nas fontes onde nace o río Miño, nunhas terras de Meira vivía unha meiga chamada Irimia, a quen os frades do Mosteiro lle esixían o pago duns importantes tributos.

 Como a meiga non podía pagar aos frades, eles tiñan a intención de expropiarlle as súas terras. Entón, a meiga en venganza fixo medrar enormes pedras na fonte agochando as augas debaixo delas e xurou que xamais poderían beber destas `augas miñas' dando orixe ao nome do Río Miño.

 

                                                                                María Vázquez Somoza 6º B   

 

A lenda da Agulla do Demo no mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil

  A lenda trata duns monxes do mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil, que querían facer unha ponte parar  comunicar as villas, pero o rei don Felipe IV    non os deixou, polo que os monxes chamaron ao demo para que fixera a  ponte pero a cambio tiñan que darlle a súa alma. O demo so chegou a construír un piar acabado en punta porque ao día seguinte os monxes percatáronse que era moito  o prezo solicitado. Así que deixaron so ese piar de punta afiada e todo o mundo chamouno a agulla do Demo.


                                                                  Yago Carreira Mejuto 6º B

A lenda do muiño de sal

Esta lenda conta que fai moitos anos existía un xigante que tiña un muiño máxico. O muiño era pequeno e podía producir sal. Un día, o xigante regaloullo a unha muller viúva e a súa filla pequena. Ámbalas traballaban co muiño e obtiñan tanta sal que podían vendela ao pobo. Desafortunadamente, un trasno celoso do muiño roubouno e botou o sal ao mar. Por ista razón, a auga do mar é tan salgada.

                                                                    David Fernández Maghaoui   6º B


A lenda do Santo Milagre do Cebreiro

Conta a lenda que un duro día de inverno do ano 1300, na capela lateral da igrexa, un cura estaba a celebrar a Eucaristía do domingo. Estaba só e non esperaba que ninguén máis se presentase á misa. No momento no que o cura ía bendecir o pan e o viño, un veciño dun pobo próximo entrou na igrexa. O cura desprezou o sacrificio do pobre home: `"para ver un pouco de pan e de viño". Entón Deus, para castigar a falta de fe do monxe, realizou o milagre de converter a hostia en carne e o viño en sangue. Ademais, a imaxe da Virxe María, colocada no altar, postrouse de xeonllos e inclinou a cabeza en sinal de respecto.

Así, o escudo de Galicia incorporou como símbolo o cáliz do milagre.

A lenda tamén dí que as dúas tumbas que hai no interior da igrexa pertencen ao campesiño e ao cura, e queA lenda do Santo Milagre do Cebreiro a imaxe da Virxe, que inclinou a cabeza ao contemplar o milagre, permanece nesa postura ata os nosos días.A lenda do Santo Milagre do Cebreiro

                                                                        Mael Losada Vilariño 6º B

A lenda da galiña  que entrou na cova

Non hai moitos anos en Condomiña, Lourenzá (Lugo) a xente do pobo vivía a súa vida sen presa e con acougo. Pero un día de súpeto, un vello paseaba tranquilamente por un carreiro estreito que remataba nunha cova. A súa galiña algo aventureira que o acompañaba decidiu entrar nesa cova tan intrigante. O home seguiu paseando cara a súa casa sen percatarse de que deixara a galiña. Unha vez consciente, buscouna pero non a atopaba. Ao outro día, unha rapaza nova que vivía preto da cova atopou ao pequeno pero intrépido animal diante da súa casa. Pero a galiña non estaba coma antes.. Faltáballe a cabeza!  Inmediatamente a rapaza alterada entregoulle o que quedaba da galiña ao dono. Cada vez a terrible nova coñecíase máis e facía que os mozos se quedaran cavilando. Conta a lenda que nesa cova agochábase un malévolo rapaz que non deixaba libre a aquel que se atrevía a entrar na cova. Pois cortaba as cabezas de quenes pasaban por alí.

                                                                               Emma Cruz Blas 6º B

A barca de pedra de San Mauro

No cauce do río Barbanza, na parroquia de San Isidro de Posmarcos, concello de A Pobra do Caramiñal (A Coruña), a poucos metros da confluencia deste río co chamado Río das Pedras, e enfronte das ruínas do que foi mosteiro da San Xoán da Misarela, pódese ver varada unha barca de pedra  de granito duns cinco metros de eslora. Di a lenda que esta é a barca na que chegou a aquel lugar San Mauro, o fundador do eremitorio da Misarela. Mentres o santo remontaba o río perseguíano os mouros, e a providencia dispuxo encher o río de grandes pedras (de aí lle nacería o nome ó río das Pedras) para protexelo dos seus perseguidores. Estes mouros míticos tiñan nese lugar un pozo sen fondo do que por veces, ata que os tronos o cegaron, saían encantos.
En Galicia hai máis lendas de barcos de pedra aparte desta de San Mauro de San Xoán de Misarela, coma a da Virxe da Barca de Muxía, a de San Andrés de Teixido e a da barca de pedra de Santiago en Padrón son as máis coñecidas. Segundo F. Alonso Romero, quen asegura que en Portugal xa non se coñecen este tipo de cultos a barcos de pedra, este tipo de relatos son moi comúns nas terras de Irlanda e na beira atlántica, e deberon ser achegadas ata Galicia por relixiosos bretóns que se instalaron e fundaron igrexas nas proximidades das costas galegas.

                                                                       Lucía López Gándara 6º A 

A Cova da Serpe de Friol

Hai moitos lugares con este nome en Galicia.  Se cadra, a máis coñecida sexa a da parroquia de Miraz, en Friol. Alí vivía unha enorme cobra da que se contan dúas historias diferentes. Unha refire como os veciños, cansos de aturala e de ter que esconderse cada vez que baixaba beber á Poza da Serpe, argallaron de enzoufar un burro e pórllo ó alcance á cobra. Tivo fame, comeuno, e acabouse.

A outra versión conta como se desfixo unha historia de amor que xa nacera desgraciada. Berta, filla de don Lopo das Seixas, señor da Torre de San Paio de Narla, foi salvada por un plebeo de morrer pateada por un cabalo. Namoráronse e todo foi ben ata que o soubo o pai de Berta que lle leu a cartilla, aclarándolle que eles eran fidalgos. Mais ela preferiu fuxir co mozo e fóronse agachar na Cova da Serpe. Non se decataron do perigo. Saíu recibilos o réptil. O mozo sacou un cativo puñal do cinto e pelexou coma un perdido; conseguiu facerlle á cobra unha ferida de morte na testa, pero ela trabouno e morreron ámbolos dous. Dise que Berta toleou e que acabou fundando un convento onde chaman Freiría. O mozo enterrárono no adro da igrexa parroquial de Friol e o lugar onde se coñeceran e na memoria daquel encontro, chámase agora Bertamil, próximo ó lugar de San Paio de Narla. Aquí hai unha cova na que se fan ás veces representacións da lenda.

                                                                       Miguel Ángel Aller García 6º B

 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía