CREANDO RIMAS


 

 

 

Rimas curtas en galego

 

 Era unha nena,

chamábase Ana,

a que lle gustaba

xogar a baralla.


Era María,

que xogaba todo o día,

tamén tiña unha irmá 

chamada Lucía,

que comía moita  sandía.


Coñecín a unha nena,

chamada María,

que cando choraba,

parecía que ría.

 

Tiña un curmán,

chamado Damián

que era un pouco charlatán.

 

Era un neno,

que se chamaba David,

ao que lle gustaba

comer regaliz.

 

Había unha nena

chamada Lucía,

que sempre quixo 

ser policía. 


Tiña un irmán

chamado Iván

ao que lle gustaba

ver o Breogán.


Había un neno

chamado Hugo

que sempre  estivo

na cidade de Lugo.


Yago era un neno

moi pequeno que 

xogaba ao fútbol

con algún neno.

 

 E tiña un irmán

 chamado Beltrán 

que bailaba, 

xogaba e cantaba

mentres facía algo de pan.


Era unha nena

chamada Daniela

que tiña unha curmá

de nome  Gabriela.

 

Tamén tiña un irmán,

chamado Beltrán,

que sempre soía

andar descalzo no verán.

 e ao que tamén 

lle gustaba moito o seu can.


Era un neno 

chamado Martín

que era moi saltarín.


Era un neno

chamado Miguel

que lle gustaba

o leite con mel.

 

E tiña un amigo

chamado Martín

que tamén soía,

rascar o naríz.

 

Tamén había un neno,

chamado Silas,

que ás veces recargaba

a  enerxía con pilas.

 

Mentras Miguel púxolle,

 ao  seu gato 

un cascabel.


Tamén había un neno

chamábase Mateo,

que lle gustaba,

 patinar no xeo.

 


Era uns rapaces

chamados  Manuel e Mael

que tiñan o costume

de tomar algo de mel.

 

E tiña un irmán,

chamado Xulián,

que tamén soía, 

comer  coas máns.

 

Mentras un neno,

chamado Mateo,

tiña o costume,

de darse un mareo.

 

Tamén estaba  un neno,

chamado Beltrán,

que lle gustaba,

comer mazapán.

 

Era unha nena

chamada Karyna

que cada día,

era máis fina,

e sempre cociñaba 

con fariña. 


Había unha nena,

chamábase Emma,

e sempre que ía á praia,

botábase crema.


E tiña unha amiga,

chamada Karyna,

que lle encantaba ir de picnic,

ao alto da colina.


 

 




 

 

 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía