Os ecosistemas

 En Ciencias Naturais estamos a traballar os ecosistemas, os diferentes hábitats do noso planeta coa súa fauna e flora característica. Traballos dos alumn@s de 6ºB en parellas coa súa correspondente exposición teórica acompañada das súas maquetas.


Maqueta dun ecosistema polar feita por Mael e Clara, indicar que o iglú leva unha lampada incorporada para simular o lume.
Maqueta dun ecosistema da selva tropical, feita por Yago Carreira e Miguel C.



Maqueta de Carla e Lucía da Lagoa de Cospeito (Lugo). Na presentación do seu traballo, cunha exposición verbal  e dixital  da localización, fauna e flora da diversidade deste ecosistema, tamén nos contaron a lenda da lagoa, que incluímos a continuación:
 No lugar no que hoxe se atopa a lagoa de Cospeito, existiu nun tempo unha vila que chamaban Valverde. Disque a esta vila chegou un día un mendigo pedindo pousada, pero todas as portas se ían pechando ao seu paso. Ata que, xa ás aforas do lugar, foi acollido nunha casiña humilde, onde lle deron abrigo. O mendigo pediu que polo amor de Deus lle desen tamén algo de comer, pero os veciños só tiñan unha becerra no cortello, a súa única forma de manutención. Así e todo, decidiron sacrificala para darlle comida a aquel pobre home.
Logo de cear, o visitante díxolles aos da casa que antes de se deitar, botasen os ósos pequenos da becerra no cortello pequeno, e os grandes no cortello grande; malia que non entendían a razón decidiron facelo así e foron durmir.
Ao día seguinte, ao mencer, o mendigo despertou a berros aos da casa pedíndolles leite para o almorzo. Os veciños pensaban que toleara e lembráronlle que o único animal que tiñan o mataran a noite anterior para darlle algo de cear. Pero o mendigo respondeulles: «¡Claro que tedes vacas que munxir! E iso é tan certo como que a vila de Valverde fica asolagada». Asombrados, os donos da casa foron aos cortellos e atoparon no pequeno varias becerras e no grande varias vacas. Logo miraron fóra e viron que a vila de Valverde fora, efectivamente, asolagada. Hoxe é a lagoa de Cospeito.
Hai quen di que aquel mendigo non era outro que Xesús Cristo, que andaba a comprobar a xenerosidade dos homes. E hai quen di que nas noites de San Xoán pódense escoitar preto da lagoa as badaladas da igrexa de Valverde. e ata hai quen asegura ter visto en épocas de sequía os tellados da vella vila de Valverde.

Maqueta feita por Ana L. e Miguel Angel dun ecosistema polar, presentaron a súa maqueta cunha exposición verbal e apoiada nun traballo coa aplicación genially, onde nos falaron da tundra, da fauna e flora.


Maqueta  do bosque de María e Damián







Maqueta da Sabana
Maqueta da cidade, ecosistema urbán, feita por Martín e Alba




Maqueta  do mundo rural feita por Emma e Karyna

 







Maqueta do deserto de Mateo S e David

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía