Día do Libro
Co gallo do día do Libro, o pasado 23 de abril estivemos a falar da obra de Miguel de Cervantes y Saavedra, xa que este curso lemos unha adaptación de ''Don Quijote de la Mancha'' en lingua castelá, e tamén distintos poemas inspirados nesta obra cumbre da lectura doutros autores. Tamén falamos de William Shakespeare e de Garcilaso de la Vega. Continuamos a nosa celebración co mural deste curso no que os rapaces e rapazas por gupos tiveron que traballar sobre 23 títulos de obras literarias que se atopan na nosa biblioteca, emparellando: ilustración, con texto, título e autor. Agardamos que esta escolla dea o seu froito e que a lectura forme sempre parte do seu día a día. Tamén foron agasallados cun pequeno caderno de papel reciclado que algún xa estreou con fermosos bocetos.
De agasallo, un pequeno caderno de papel reciclado para pintar, anotar, para desfrutar.... Viva a lectura!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario