Obradoiro de ilustración

 O 15 de marzo tivemos a oportunidade de participar nun obradoiro do programa IlustrarNÓS da Vicepresidencia da Diputación de Lugo dado que o pasado 30 de xaneiro foi o día da ilustración, adicado a Lolita Díaz Baliño. Polo que coñecimos a súa figura, e descubrimos datos como o seu parentesco con Isaac Díaz Pardo, xa que esta ilustradora era tía do fundador e artífice da cerámica do Castro, hoxe coñecida coma Cerámicas Sargadelos.

Da man do colectivo Polo Correo do Vento, o alumnado do centro puido familiarizarse co proceso creativo mediante unha actividade  basada na biografía de Maruja Mallo, na que se mesturou a narración oral coa ilustración en directo. A posta en escena culminou cun obradoiro de debuxo no      que alumnas e alumnos realizaron unha caricatura da pintora viveirense e  universal.

Asemade, temos previsto participar no I certame 'ilustrarNÓS' coa  proposta dunha ilustración tomando como referencia unha das citas de Alfonso Daniel R. Castelao indicadas nas bases do certame, en función da  nosa etapa educativa, que para  6º de Educación Primaria será a cita :

‘Que comerá o rei?' "Comerá.... comerá ...zucre"

O plazo para participar se mantendrá aberto ata o 23 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro.

Agardamos que sexa un éxito  e ogallá algún premio poida recaer no noso alumnado .



















 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía