8 de marzo, día da Muller

Hoxe, día 8 de marzo celebramos o día de muller, coma moitos outros días nos que falamos da importancia da igualdade entre homes e mulleres.

En 6ºB, estamos a coñecer a figura de Rachel Carson, unha muller estadounidense, escritora e bióloga mariña concienciada  xa no seu tempo no conservacionismo dos ecosistemas e na conciencia ambiental, un exemplo a reinvidicar e a seguir. Por iso adornamos as portas da nosa aula e todas as portas das aulas do noso centro para dar a coñecer distintas mulleres relevantes.






Á hora do lecer, baixamos e colocamos uns lazos malvas e globos no vallado do noso centro que simbolizan a nosa pegada e compromiso por un mundo, unha sociedade e unhas futuras xeracións xustas e iguais.






Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía