Samaín

 SAMAÍN

2020 Creamos conCiencia:sen ciencia non hai futuro.  

 

 

 

 

 

 

 

Unha cabaza moi científica. 

Lucía López Gándara 6ºB

 

 



 

 Outra cabaza, terrorífica.

Alba Reija González 6º B

 

 

 


 








Cabazas feitas en plástica



Recursos Samaín:

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

 

 Vídeos  e cancións:


Mamá Cabra  Samaín

 


  

Brinca Vai!  



 

Samaín (Andrea Picos Rodiles e Jesús Pareja)

 



Conto: Corre, corre Cabaciña 

 



 MENÚ ESPECIAL DE SAMAÍN

https://www.canva.com/design/DAEMwG_qOxw/Bj_uyC71blbCPkp_2Gdg6Q/edit








 Noite do 31 de outubro, Samaín forma parte da tradición máis enraizada e enxebre da nosa terra.


Os antigos pobos celtas adoitaban realizar unha gran cerimonia para conmemorar “o final da colleita”. Esta celebración ocorría a finais de outubro. Esta festa foi bautizada coa palabra gaélica de “ Samhain”. (O significado etimolóxico é “o final do verán“.) Isto é porque durante esta celebración despedíanse de Lugh, deus do Sol. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis doado transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.


O Ano Novo celta

O Samaín configuraba o Ano Novo celta. Os pobos celtas consideraban que o ano estaba dividido en dúas partes: unha escura, que se inicia na noite de Samaín, e unha clara, que se inicia na noite de Walpurgis. Con todo, é a de Samaín o inicio de todo, cando o verán morría e comezaba o inverno.

Rituais druídicos do Samaín 

Eran os druídas os encargados de celebrar a festa celta para honrar aos devanceiros, a través de numerosos ritos. Contan as lendas que recollían nos bosques máis apartados bagas de visgo durante esa noite, para o que utilizaban unha fouce sacra forxada en ouro. Con elas, preparaban apócemas e ungüentos, e vaticinaban sobre o futuro das colleitas e da aldea. Un dos rituais que chegou ata nós, é o de coller mazás e mergullar varias destas froitas nun caldeiro con auga e ser capaz de agarralas coa boca.

As fogueiras

Durante esta xornada, os druídas tamén amontoaban ramas sacras e acendían á tardiña fogueiras en diferentes puntos do poboado, para escorrentar aos malos espíritos e guiar aos defuntos no seu camiño. Algunhas persoas cubríanse con peles de animais, máscaras, etc. para despistar aos espíritos e as pantasmas, o cal daría lugar ao costume de disfrazarse que se mantén na actualidade durante tal noite. A tradición do lume conservouse nas aldeas galegas, cando durante esta noite se fogueiras con ramas de teixo que logo se utilizaban para acender as lareiras.

As caveiras



Moito antes de que nas hortas galegas houbese cabazas, en Samaín as poboacións célticas collían as caveiras dos seus inimigos mortos na batalla e iluminábanos, para colocalos nos muros dos castros. Posteriormente, a pesar da chegada do cristianismo, que o declarou unha festividade pagá, en Europa os pobos de orixe céltica continuaron coa tradición do Samaín.

As cabazas

A noite de Samaín baleiraban os nabos e no oco interno colocaban carbón ardente para alumar o regreso dos defuntos ao mundo dos vivos, coa intención de recibirlles e protexerse dos malos espíritos. Coa aparición das cabazas, comezaron a baleirarse estas para esculpir nelas caveiras que desen medo, colocando unha vela no seu interior, para espantar aos malos espíritos na noite que transita entre o verán e o inverno.

O mundo das fadas

Fadas, trasgos poden camiñar entre nós durante o Samaín, xa que está aberta a porta entre dous mundos. Nas aldeas, pechábanse as casas baixo sete chaves e non se abría a ninguén. Dicíase que se o visitante era un fada, a sorte bendiciría aos que estivesen baixo ese teito durante todo o ano seguinte, pero se se trataba dun trasgo, a mala sorte caería sobre eles.

A Santa Compaña

Entre as tradicións, mitos e lendas de Galicia, o da Santa Compaña afunde as súas raíces nesta noite. A comitiva de defuntos, á que dirixe unha persoa viva, camiña en completo silencio con longos círios que iluminan os lugares polos que pasan. Todos han de gardarse de atoparse con esta procesión.

A cea de defuntos

En Galicia, nesta noite, a mesa non se recollese despois de cear, por se as ánimas dos falecidos acudían a visitarnos durante a noite e tiñan fame e deixábase prendida a cheminea para que non pasasen frío.

Truco ou trato

O famoso «truco ou trato» ten a súa orixe no mundo celta. Os druídas ían a noite do 31 de outubro de casa en casa pedindo comida para honrar aos seus deuses.

O Día dos Mortos

O cristianismo terminou instaurando o Día de Todos os Santos (1 de novembro), pouco tempo despois instaurou o Día dos Fieis Defuntos (2 de novembro).

Mael  Losada Vilariño de 6ºB

OUTONO MÁXICO

Chegou o 'triste outono,

todo se tingue de gris,

a noite adiántase ao día,

mais eu estou moi feliz. 

 

Que pintorescas paisaxes ,

debuxan as fragas senlleiras,

con coloridas follaxes,

alfombran as carballeiras.

 

Poder pasear baixo a choiva

saltar de lameira en lameira,

sentir a caricia do aire,

que che despeina a melena

 

Desfrutar do enxebre magosto,

ao calor da lareira,

oíndo antigos contos,

pasaría a noite enteira.


Facer a miña cabaza, 

e desfrutar do Samaín,

esa noite misteriosa

Canto medo! me da a min.


Fora o susurro do vento,

as noite de treboada,

co repicar da saraiba,

e eu metidiña na cama.


Que marabillosa estación, 

parece de conto de fadas,

con tan máxico ambiente, 

e das  máis desexadas.

                                                   Ana López Abuide 6ºB



Comentarios

Publicacións populares deste blog

El caligrama

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, 25 de novembro

24 de febreiro, día de Rosalía