Publicacións

Despedida fin de curso

Imaxe
 22.06.2021, o curso académico 2020/2021 chega ao seu fin, un curso difícil porque o COVID 19 o presidiu, e nós limitou en moitas actividades que xa eran unha tradición no noso cole pero tamén nós encamiñou noutras que foron unha novidade. Dende aquí,  xa que finaliza a etapa de primaria no colexio e as bágoas, a emoción vós encheron, so me queda desexarvos o mellor, levades os meus consellos e cariño, grazas  a tod@s por formar parte da nosa comunidade educativa. Moita sorte nos vosos vindeiros centros, e  que a ilusión sempre forme parte da vosa vida. Unha aperta infinita!!!  A continuación algunhas fotos para a lembranza do voso paso polo voso colexio: Sesión cine Sesión merenda e música con confeti e purpurina         Sesión xogos e pasatempos Despedida ATA SEMPRE!!!!! HASTA SIEMPRE CHIC@S!!!! E  MOI  FELICES VACACIÓNS!!!!

Traballando a mitoloxía

Imaxe
 Neste curso estivemos a traballar en lingua castelá  a mitoloxía polo que os  alumnos e alumnas de 6º B investigaron os diferentes mitos como : El rapto de Europa, Ulises y el  caballo de Troya, Deucalión y Pirra, El vuelo de Icaro, Apolo y Dafne, Prometeo y el ladrón del fuego, Edipo y el enigma de la esfinge, Teseo y el Minotauro, El desafío de Aracne, Ofeo, Perseo, Hércules y la hidra.... Os seus traballos foron acompañados de fermosas ilustracións como se pode contemplar sendo a maioría  obra deles. Noraboa chic@s!!!!

Xoán Babarro: Hilario e o tres medos

Imaxe
 O  pasado día 18.06.2021 tivemos a oportunidade de contar coa presenza no noso centro do escritor Xoán Babarro González, membro da R.A.G  e da súa muller  Ana Mª Fernández Martínez, tamén escritora.  Neste encontro na biblioteca do noso centro os rapaces e rapazas poideron achegarse un pouco máis a obra que leron e traballaron neste último trimestre, resolver dúbidas e por fin coñecer en primeira persoa a Hilario. Un encontro moi intenso!!!

Saída a Santiago de Compostela

Imaxe
 O martes día 15.06.2021 Santiago de Compostela estaba agardando polos rapaces e rapazas de 6ºB, un día longo de moitas experiencias e visitas. Un día sen lugar a dúbidas moi caloroso. Pero aguantamos, por algo somos de Lugo e non o negamos!!! As 8:00 am todos estabamos xa  agardando o autobús que nos levou primeiro a cidade da Cultura, a contemplar o Museo Centro Gaiás, alí acompañados con dúas guías coñecimos este complexo cultural, participamos nunha actividade do proxecto Terra e  visitamos a exposición Faraón : rei de Exipto. Alí tomamos a merenda de media maña, xogamos tamén no parque e quitamos fermosas fotos . A continuación o centro da cidade nós agardaba, para visitar e contemplar a catedral dende diferentes lugares coma  a Alameda onde paseamos; xa na catedral entramos pola Porta Santa, xa que como ben sabedes é Ano Santo, cun pase VIP poidemos contemplar o Pórtico da Gloria, algún tamén quixo encender moitas candeas, coido que algún pedía  e agarda  moitos milagros!!! Volta